Saturday 04 de May de 2024

Este venres termina o prazo para inscribirse no curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais en Miño


● A formación desenvolverase os venres, sábados e domingos de marzo e abril, así como durante o luns, martes e mércores de Semana Santa.

● A data das probas de acceso será o vindeiro venres, 23 de febreiro.

Este venres, 16 de febreiro, termina o prazo de inscrición para o curso de socorrismo en instalacións e espazos naturais, que o Concello e a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia traen de regreso a Miño este ano tras 17 anos.

A formación terá lugar os venres sábados e domingos dos meses de marzo e abril, ademais de ao longo das vacacións de Semana Santa. Pola súa banda, as probas de acceso están programadas para o venres 23 de febreiro.

Os horarios de celebración das sesións serán de 17:00 a 21:00 horas os venres; de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas os sábados, así como o luns, martes e mércores de Semana Santa; e de 10:00 a 14:00 horas os domingos.

Os requisitos para poder participar son ter 18 anos cumpridos, estar en posesión do título da ESO, saber nadar e superar a proba de acceso. A tarifa xeral será de 500 euros, menos para as persoas empadroadas no Concello de Miño, que deberán abonar un importe de 300 euros.

En caso de ser necesaria máis información poderán obtela a través da axente de Emprego e Desenvolvemento Local nos números 981 782 659 e 981 784 405 ou na dirección de correo electrónico promocioneconomica.emprego@concellodemino.gal, ou ben contactando con FESSGA a través do 981 977 120 ou en fessga@gmail.com.